En marcha o "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra"

depourense.es
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, estrenou a tempada 2016 do  "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra", viaxando desde a Estación Ourense Empalme ata Canaval, xunto co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia da Xunta, Nava Castro, e directivos de Renfe.

O "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra" é un dos nove itinerarios temáticos que este verán recorrerá Galicia no marco da cuarta edición do programa "Galicia a todo tren". A iniciativa posta en marcha pola Xunta con Renfe e a Deputación de Ourense, a través do Inorde, supuxo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros fronte aos seiscentos da anterior edición.

Nava Castro ratificou o incremento da oferta global nos trens turísticos en 84 prazas tralos "bos resultados" obtidos na edición anterior, que superou os 2.200 viaxeiros e o incremento en cinco puntos porcentual de pasaxeiros con relación a 2014. Asemade destacou a posta en marcha este verán de dúas novas rutas, unha Termal-Camiño do Norte a Santiago de Compostela, e unha segunda ruta, da Lamprea e o viño do Condado.