Buscar/Hemeroteca

jueves, 16 de junio de 2016

Compostela Destino 5 Estrelas

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas posto en marcha conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostelería de Compostela e impulsado polo Clúster Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo do 2016.

A iniciativa ponse en marcha no marco do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia entre os seus asociados para a posta en marcha de proxectos que contribúan a mellorar a oferta turística do sector en Galicia.

Á rolda de prensa asistiron a Directora-Xerenta da Fundación Cidade da Cultura deGalicia Beatriz González Loroño, a presidenta da Asociación de Hostelería, Sara Santos, e o Secretario do Clúster de Turismo de Galicia Cesáreo Pardal.

A promoción, que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de xullo, concrétase nun pack turístico, comercializado directamente polos establecementos hoteleiros ao través da páxina web de Hostelería Compostela, co que se pretendese incentivar as reservas e estancias nun momento de baixo nivel de ocupación como é a primeira quincena de xullo

No hay comentarios: