A veda da centola e do boi na parte litoral
que vai desde Cabo Corrubedo ata A Guarda comezou este sábado 4 de xuño e rematará o vindeiro
27 de novembro. Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para
a campaña 2016-2017, que establece o período de veda para este ano na provincia
de Pontevedra dende as 00:00 horas do sábado, 4 de xuño ata as 00:00 horas do
domingo, 27 de novembro.
No caso da parte que vai de Cabo Corrubedo ata
Cabo Estaca de Bares, na provincia da Coruña, a veda comezará o 2 de xullo e
prolongarase ata o 27 de novembro. Na zona comprendida entre Cabo Estaca de
Bares ata o río Eo, a veda irá desde o 2 de xullo ata o 4 de decembro.
O período de
veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para
todas as embarcacións con artes menores e con porto base na nosa comunidade e
tamén para aquelas que, tendo porto base noutras comunidades, teñan permisos
especiais de pesca para faenar en augas galegas.