Buscar/Hemeroteca

miércoles, 15 de junio de 2016

Comeza a Cat dos Viños de Galicia

Máis de 200 mostras de viños participan na XXVIII cata oficial dos viños e augardentes e licores tradicionais de Galicia, que se celebra no CIFP Compostela de Santiago. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu ao inicio deste certame e destacou o gran potencial vitivinícola galego, así como a diversidade de variedades de viño existentes na nosa comunidade. 

Dende o ano 1989 Consellería do Medio Rural en colaboración cos Consellos Reguladores de viños, augardentes e licoresde Galicia, organiza este evento co fin de dar a coñecer os viños que cada ano alcanzan un maior nivel de calidade e que xa son indispensables nas mellores mesas de todo o mundo.

No certame existen tres categorías de participación. A Industrial, onde a partida mínima homoxénea e de 5.000 litros. A de viños de colleiteiro e de pequenas adegas, onde as existencias mínimas na adega son de 2.500 litros. E finalmente, o grupo de “viños da terra” onde só se require unha existencia mínima na adega de 1.250 litros. 

As adegas participan cun máximo de dúas marcas de viño branco e dúas de tinto, sempre da colleita do ano anterior, é dicir, do 2014 ou ben do 2013 cando estes últimos estivesen en contacto con madeira nalgunha das fases da elaboración. Un comité de doce expertos en análise sensorial realiza a cata de todos os viños. 

Nestes días tamén se desenvolve a XVII Cata dos Augardentes, a V Cata dos licores de herbas e café de Galicia e da Augardente Envellecida e a III Cata das Augardentes de Herbas de Galicia. A cata das bebidas espirituosas consta dun proceso moi similar ao das catas de viños.

No hay comentarios: