Capsa ten previsto potenciar Larsa

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu aos directivos da Corporación Alimentaria (Capsa) co obxectivo de coñecer de primeira man os plans para a factoría de Larsa. Segundo lle aseguraron, o grupo aposta firmemente non só por manter a planta de Vilagarcía, se non por potenciala, engadindo que teñen previsto investir en moi curto prazo máis de 3 millóns de euros en melloras. Tamén lle garantiron a continuidade dos postos fixos que compoñen a plantilla actual de traballadores.


Os directivos de Capsa negaron que vaia a producirse unha redución plantilla, pero confirmaron a introdución de cambios nas liñas de produción orientados a adaptarse á demanda do mercado para ser máis competitivos. Segundo os empresarios, con esta finalidade se realizarán os investimentos previstos, co obxectivo último de que a produción de Larsa se incremente de forma considerable a medio prazo.