Blogtrip promocional en Santiago

Santiago de Compostela acolle esta fin de semán un blogtrip promocional no que participarán nove prescriptores e referentes en diferentes sectores de internet e redes sociales. Dende o venres 17 e ata o domingo 19 de xuño percorrerán diferentes localizacións da cidade, farán rutas de sendeirismo e por suposto disfrutarán da gastronomía galega.

Entre os participantes destacan especialistas en formación e novas tecnoloxías como Alfredo Vela, en márketing online como Fátima Martínez, tecnoloxía como Christian Delgado ou cultura e historia como Javer Sanz. 

A gastronomía estará presente co bloger ourensán Rubén Amorín e o marketig turístico con Fidel Martín. Carlos Olmo representa o sector dos viaxeiros que levan visitados máis de cen países e a difusión do turimo e do patrimonio galego conta coa representación de Frenchi Oubiña de Galicia Mola. Por último Manuel Bustabad do diario dixital Espresso ocupa o sector da comunicación.

A selección de participantes fíxose baseándose na súa influencia en internet nos séus respectivos sectores de traballo. Entre todos superan os 300.000 seguidores en twitter e tanto a súa diferente procedencia xeográfica como o seu carácter multidisciplinar asegura que Compostela será a capital do turismo en internet nos vindeiros días.

!