Bloggers peregrinos

Un grupo de cinco bloggers e dous videobloggers do Reino Unido especializados en viaxes e turismo comezan unha visita á Comunidade galega organizada por Turismo de Galicia no ámbito da marca turística España Verde que os levará a coñecer o Camiño do Norte entre Ribadeo e Santiago de Compostela.

O obxectivo desta acción de promoción turística é difundir os valores da Ruta Xacobea entre os cidadáns a británicos a través do traballo destes usuarios especializados das redes sociais e incentivar así as súas visitas á Comunidade galega .

O sete bloggers do Reino Unido chegaron a Ribadeo procedentes de Asturias, desde onde se achegaron ata a Praia das Catedrais para coñecer esta contorna costeira declarada monumento natural. Tamén puideron coñecer Vilanova de Lourenzá, e logo partir a pé para realizar o tramo do Camiño do Norte entre esta localidade e a de Mondoñedo.

Os visitantes británicos tamén teñen previsto achegarse ata Sobrado dos Monxes para coñecer o seu mosteiro e a contorna natural do Concello. A seguinte xornada estará adicada a Santiago de Compostela.

O Camiño do Norte, declarado o ano pasado Patrimonio Mundial da UNESCO, é un dos recursos comúns das catro comunidades autónomas que conforman a marca turística España Verde –Galicia, Asturias, Cantabria e O País Vasco- incluídos no plan de promoción conxunta.

Este convenio interrexional está consolidando o norte peninsular como un destino competititvo e de calidade. O turismo das catro comunidades autónomas rexistrou no primeiro cuadrimestre de 2016 un crecemento dun 8% de media xa que subiron tanto os viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, que foron 2.193.868, como as pernoitas, un total de 4.056.889, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.