Dende este mércores 8 de xuño ás 12:00 horas están a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Heroes e Deuses. As entradas poderanse mercar na Oficina Municipal de Turismo de Lugo e a través da páxina web www.entradaslugo.es.
Segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, este ano a compra de entradas está limitada a 10 por persoa. Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada.
Lugo revivirá do 16 ao 19 de xuño a historia de Lvcvs Augvsti co gallo do Arde Lucus, festa de recreación histórica do pasado romano da cidade bimilenaria.