A Rede de parques naturais de Galicia xa é unha realidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar o decreto publica hoxe o decreto que crea a
Fragas do Eume
Rede de parques naturais de Galicia, unha iniciativa que permitirá acadar unha xestión coordinada dos seis espazos galegos declarados como parques naturais, xunto co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Na actualidade, existen en Galicia seis parques naturais: o monte Aloia; a Baixa Limia-Serra do Xurés; o complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán; as Fragas do Eume; o Invernadeiro; e a Serra da Enciña da Lastra.

Esta nova rede articúlase ao redor de tres eixos: coordinación; xestión e uso; e promoción e posta en valor. Máis polo miúdo, propón sete liñas de actuación, con 51 accións concretas: converter os parques naturais galegos nun modelo de xestión compartida e coordinada; fomentar a cooperación e promover proxectos comúns; potenciar os parques como valor de desenvolvemento económico e dinamizador das economías locais; coñecer os datos e cifras relativas á xestión destes enclaves; situar a marca Parque Naturais de Galicia como referente en España baixo unha identidade corporativa global; capitalizar o patrimonio natural galego a través da súa promoción; e potenciar as singularidades de cada parque para converter á rede na icona da España verde e como espazos de interese de Europa.

Ao abeiro desta rede, poranse en marcha diversas medidas novidosas, como a creación do Club de Produto dos Parques Naturais de Galicia; ou o deseño de novas rutas temáticas e unha rede de miradoiros.