Buscar/Hemeroteca

viernes, 6 de mayo de 2016

Polonia, destino de Turismo de Galicia

Esta fin de semana a promoción da oferta turística galega chega a Polonia, onde Turismo de Galicia participará no evento Piknik. Trátase do acontecemento turístico para o público final máis importante do noroeste deste país, que acolle a milleiros de participantes na cidade de Szczecin.

Así, durante os próximos dous días, o departamento de promoción turística da Xunta instalará un recinto de promoción a través do que se divulgarán os recursos turísticos galegos, así como distintos aspectos culturais do territorio de Galicia.

Por outra parte, están previstas varias reunións de traballo cos principais operadores turísticos do norte de Polonia, onde ademais de presentar a oferta xeral, Turismo de Galicia apoiará a comercialización dos servizos turísticos galegos

Por outra parte, no ámbito da promoción turística de Galicia, dous xornalistas canadenses da publicación The Epoch Times visitarán nos próximos días a nosa comunidade para coñecer parte da súa oferta turística, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia.


No hay comentarios: