O peixe ten festa en Bande

Presentación da Festa do Peixe
A “XLV Festa do Peixe” encherá o municipio de Bande de música, deporte e gastronomía os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio. O acto de presentación tivo lugar no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde de Bande, José Antonio Armada; e o representantes do “Club O Peixe”, José Emilio Rodríguez.

A programación inclúe o tradicional campionato de pesca, que terá lugar o 22 de maio, e que é o “xerme desta celebración”, asegurou Jose Antonio Armada. Este ano vai vencellado á solidariedade, xa que “para facer a inscrición, débese entregar un quilo de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos”, destacou José Emilio Rodríguez, quen engadiu que se trata do campionato de pesca “dos máis antigos de Galicia e dos poucos que hai de peixes, que é algo noso de Ourense”. A competición realizarase no río Limia con máis cincuenta pescadores procedentes de Galicia e do Norte de Portugal”.

O alcalde de Bande destacou tamén do programa o aspecto gastronómico e lúdico desta celebración declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, na que, tendo como escenario a Praza da Constitución, haberá degustacións de produtos tradicionais e actuacións musicais tantes do “Club O Peixe”, José Emilio Rodríguez.