Buscar/Hemeroteca

viernes, 27 de mayo de 2016

Nace a Asociación de Mosteiros do Císter en Galicia

A Asociación de Mosteiros do Císter en Galicia (ACIGAL) acaba de ser presentada en sociedade e durante este acto, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, calificou aos mosteiros como dinamizadores das economías locais polo seu alto valor patrimonial.

Galicia conta con 15 mosteiros cistercienses, construcións que teñen un importante significado arquitectónico, histórico e cultural que queda patente coas 14 declaracións de Ben de Interese Cultural que reúnen, así como coa consideración de Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. 

Nava Castro fixo fincapé no proxecto «Cistercium Experientia» de ACIGAL para achegar á mocidade galega a través das novas tecnoloxías os mosteiros cistercienses da Comunidade: Monfero, Meira, Sobrado dos Monxes, Toxosoutos, Aciveiro, Penamaior, Ferreira de Pantón, Xunqueira de Espadanedo, Oseira, San Clodio, Melón, A Franqueira, Oia, Armenteira e Montederramo.

Por outra banda, a filla do que fora alcalde de Ponteareas, Pepe Castro, aposta por impulsar o turismo sostible xa que é unha das empresas máis limpas para o desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia. Nava Castro fixo estas declaracións no Encontro Nacional de Expertos en Medio Ambiente e Saúde, no que participou cun relatorio sobre o turismo sostible e a posta en valor do contorno natural como medio de recreo e de rendibilidade económica.

No hay comentarios: