A Consellería do Medio Rural, Banco Pastor e o triatleta galego Javier Gómez Noya colaborarán na promoción da marca Galega 100%, que certifica o leite galego de calidade diferenciada. Será a través dunha campaña que ten como protagonista ao pentacampión do mundo de triatlón, promovida polo Pastor en colaboración coa Xunta.
O seu lema será “Leite de Galicia, almorzo de campións e de pentacampións”. O obxectivo deste acordo de colaboración é fomentar o consumo de Galega 100% especialmente entre os máis novos, xerando así beneficios tanto para os propios consumidores como para o sector lácteo galego.