
Nesta xornada desvelouse ademáis o equipo gañador do concurso “Desafío Hotaleiro”, unha iniciativa promovida polo Centro Superior de Hostelería de Galicia entre os alumnos de bacharelato e na que participaron unha trintena de equipos das catro provincias galegas. O pasado mes de xaneiro daba comezo esta competición online na que cada un dos 30 equipos participantes constituiuse a modo de Comité de Dirección dun hotel virtual, tomando decisións en base a indicadores, o que contribuiu ao maior o menor valor da compañía. Resultou gañador do concurso o equipo Domus do colexio As Esclavas de A Coruña, integrado por: Aida Castro Román, Carolina Rocha Varela, Andrea Prieto Mosteiro y Patricia Cajal Vega que tivo por titora á profesora María Luz Rey Graña.