Buscar/Hemeroteca

domingo, 29 de mayo de 2016

Docencia turística en Cee e Santiago

A Escola de Turismo Itinerante desprazouse esta semana ata Cee e ata Santiago de Compostela para impartir varias actividades de formación aos profesionais hostaleiros da zona. Os cursos, a cargo de persoal do Centro Superior de Hostalería de Galicia, abordaron a atención ao peregrino, tanto de xeito presencial á súa chegada ao establecemento como a través das redes sociais.

Asistiron máis de 50 profesionais de albergues e aloxamentos do Camiño, dende recepcionistas ata propietarios, aos que se lles explicou a carta de servizos dos locais e a forma de responder comentarios e solicitudes de información nas redes sociais, entre outras cuestións, relativas á boa atención ao peregrino.


O curso afondou na necesidade de que os profesionais poñan especial interese en coñecer ao cliente e saber que necesidades ten para poder elaborar unha carta de servizos, así como a importancia de ofrecer ao peregrino unha información útil e completa. Neste sentido, presentouse aos asistentes o proxecto Smart Camiño, co que Turismo de Galicia puxo recentemente en marcha a páxina web www.caminodesantiago.gal co obxectivo de que o visitante teña unha ampla e correcta información sobre o Camiño e os servizos e ofertas complementarias tanto antes, como durante e despois de iniciar a viaxe.

No hay comentarios: