Buscar/Hemeroteca

viernes, 13 de mayo de 2016

Deporte, turismo e termalismo igual a destino experiencial

O feito de potenciar o golf na Comunidade galega desde o punto de vista turístico, contribúe, segundo sinalou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, “á diversificación da oferta e á captación de novos segmentos, consolidando a nosa comunidade como un destino experiencial”.

Referiuse así ao turismo de golf, no acto de entrega de premios do torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade Ladies Open 2016, que se celebrou desde o pasado luns 9 de maio no campo de golf do resort Oca Augas Santas de Pantón. A súa organización contou co apoio de Turismo de Galicia e nel participaron 130 golfistas de categoría feminina de todo o mundo.

A directora de Turismo de Galicia referiuse ao deporte asociado ao turismo como un activo que enriquece a experiencia dos que nos visitan e “nos axuda a dar a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do destino”.

Nalgúns casos, engadiu, a este factor pode engadírselle a oferta termal, “que Galicia lidera no conxunto do Estado co 20% das instalacións existentes en España e co maior número de distintivos de Calidade turística neste segmento”.

No hay comentarios: