Con esta iniciativa o Concello pretende extender a celebración ata o último recuncho do municipio e que todos aquelas persoas teñan a oportunidade de disfrutar dun evento popular destas características.
Os numerosos veciños e veciñas que se achegaron ata a Casa do Pobo de Xustáns e á de Cuñas degustaron as troitas fritidas polos cociñeiros Antonio Rocha e Enrique Lafuente e estiveron atendidos por un grupo de voluntarios que tamén se desprazarán aos centros sociais do municipio para seguir con estas degustacións.
Este equipo humano é tamén o que, ano tras ano con incorporacións e baixas, vanse facendo cargo dos stands de degustación que se ubican na Alameda de Ponte Caldelas.
Este equipo humano é tamén o que, ano tras ano con incorporacións e baixas, vanse facendo cargo dos stands de degustación que se ubican na Alameda de Ponte Caldelas.