Comeza a veda do polbo

Comeza a veda do polbo en Galicia ata o 4 de xullo de 2016. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2016/2017, que establece o período de veda do polbo para este ano dende entre as 16:00 horas do venres, 20 de maio e as 06:00 horas do luns, 4 de xullo.

As capturas desembarcadas o 20 de maio poderán ser comercializadas tamén o 21 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.

O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. Este tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas acadadas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.