Cociña tradicional ou de vangarda, o debate e boa ou mala gastronomía

O debate sobre tradición ou modernidade da gastronomía galega está superado. Así o cren, polo menos, os cociñeiros que hoxen debatiron nas mesas redondas do Gastroforum organizado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que tiveron lugar nas súas aulas. A realidade agora céntrase na boa ou mala gastronomía e en facer que o cliente se sinta a gusto. 

No debate sobre a cultura de país, onde a evolución supón unha volta á tradición, José González Solla, presidente da asociación Amigos da Cociña Galega, dixo que a cociña moderna “pódese lucrar das nosas cociñas, non podemos deixar de mirar ao pasado, poñer amor ao que facemos defendendo a nosa cociña de
sempre e a nosa cociña de agora”. Pola súa parte, Luis Veira de Árbore da Veira, comentou que “non hai cociña tradicional ou moderna. Só hai boa ou mala cociña” “Eu son radical, non teño claro se a miña base é a cociña tradicional”.

A conclusión foi que o máis importante é conseguir que o cliente se sinta ben. “O que cambiou é quen abre o local” dixo Daniel López do Restaurante Camiño do Inglés. Todos coincidiron nesta afirmación, que complementaron en que o instrusismo sigue a ser un gran problema.

Por outra banda, Óscar Pérez e Marisé Mosteiro ofreceron unha cata con queixos de todas as denominacións de orixe galegas. O viño tamén estivo presente. As Denominacións de Orixe Valdeorras, Ribeira Sacra e Ribeiro ofreceron catas guiadas.