Buscar/Hemeroteca

miércoles, 25 de mayo de 2016

Campaña para fomentar o turismo sustentable nos Parques Naturais

O Diario Oficial de Galicia publica dúas resolucións para licitar sendas campañas de divulgación e promoción do turismo sustentable, tanto na Rede de parques naturais de Galicia como a través das aulas de natureza dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A estas dúas convocatorias súmase a destinada a promover actividades nas Illas Atlánticas dentro do programa educativo-divulgativo “Cen anos de parques nacionais”.

Os servizos publicitados teñen como obxectivo impulsar a concienciación ambiental da sociedade e un mellor coñecemento, tanto da Rede Natura 2000 como dos espazos protexidos en Galicia. Deste xeito, dáse cumprimento ao previsto no Plan sectorial de turismo de Natureza e Biodiversidade 2014-2020 que ten como finalidade poñer en valor a biodiversidade para impulsar o turismo de natureza como actividade económica xeradora de emprego, asegurando sempre a correcta conservación dos valores naturais do territorio.

En concreto, estas actuacións –que se desenvolverán entre este ano e o 2018- incluirán o deseño e execución dunha campaña divulgativa e de interpretación da natureza de cada un dos seis parques naturais galegos, nas que se obterá información sobre a biodiversidade e e desenvolveranse ferramentas tecnolóxicas para a súa divulgación; actividades de educación ambiental; atención a visitantes, en visitas programadas e non programadas; ou charlas informativas en centros educativos para dar o coñecer os valores naturais estes espazos.

No hay comentarios: