A Ruta do Pai Sarmiento é un novo produto turístico que se pon en marcha na comarca do Salnés. Trátase dun itinerario que recupera o trazado realizado por Martín Sarmiento na zona en 1745 e que quedou plasmado no seu libro Viaxe a Galicia.
O lanzamento deste novo atractivo turístico é froito da colaboración interadministrativa plasmada no convenio de colaboración asinado recentemente entre a Mancomunidade do Salnés e Turismo de Galicia. O acordo ten como obxectivo impulsar a realización de actividades de promoción do turismo neste xeodestino galego.
A directora de Turismo, Nava Castro enxalzou durante a presentación da ruta o valor engadido desta nova actividade como un motivo máis para visitar O Salnés, unha comarca chea de posibilidades turísticas a todos os niveis xa que conta con museos, praias de recoñecida calidade, oferta gastronómica, xacementos ou espazos singulares como o Complexo Intermareal Umia-Grove.