Buscar/Hemeroteca

jueves, 28 de abril de 2016

Trinta e duas empresas galegas acudiron a Seafood de Bruxelas

Un total de 32 empresas galegas do eido marítimo participan na Seafood de Bruxelas, feira que é un referente no eido do comercio dos produtos marítimo-pesqueiros e un importante escaparate para mellorar a comercialización dos produtos do mar galegos e difundir a súa calidade. 

As empresas galegas recibiron a visita da conselleira do mar, Rosa Quintana, que valorou a importancia deste tipo de encontros para establecer acordos comerciais entre as empresas coexpositoras e distribuidoras.

Neste sentido, a titular de Mar destacou que o seu departamento aposta decididamente por mellorar a comercialización dos produtos pesqueiros co fin de chegar a novos mercados. De aí que o ano pasado a Consellería do Mar participase en 11 feiras apoiando a preto de 80 empresas pertencentes ás áreas da pesca, conxelado, ultraconxelado, transformación, acuicultura, comercialización e conserva.

No hay comentarios: