Buscar/Hemeroteca

viernes, 1 de abril de 2016

O polígono nunca visto, en Expourense

A sede da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, acolleu hoxe a inauguración da feira empresarial “O polígono nunca visto”, que organiza a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao con motivo do 50º aniversario do parque empresarial máis importante de Galicia. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reafirmou no acto inaugural “a alianza estratéxica que mantén a institución provincial co Polígono de San Cibrao, motor económico da provincia”, e subliñou a importancia dos proxectos que ámbalas dúas entidades desenvolven conxuntamente.

A feira “O polígono nunca visto”, que se celébra en Expourense conta con 80 empresas do polígono de San Cibrao que exhiben os seus produtos e experiencias empresariais, e ademais o programa de actividades abrangue espectáculos científicos, demostracións, mesas redondas e conferencias sobre emprendemento e innovación, así como un foro de emprego con actividades referidas ao mercado laboral.

No hay comentarios: