O Meleindre de Melide chega a Oporto

O melindre de Melide e os doces típicos da repostería tradicional melidense, serán os protagonistas este mércores día 20 de Abril, dunha xornada de maridaxe con viño de Porto na Escola de Hotelaría e Turismo (EHT) de Porto (Portugal) para os alumnos da especialidade de pastelería.

Este proxecto de internacionalización da festa na rexión norte de Portugal, pasa pola divulgación dos melindres e doces típicos da repostería tradicional de Melide entre os futuros cociñeiros e hostaleiros que se están formando nas EHT, da man dos mestres reposteiros da Asociación de Repostería Tradicional de Melide.

Na xornada participará a adega de Porto máis recoñecida mundialmente, Niepoort, a través do seu propietario e embaixador do viño de Porto, Dirk Niepoort, os representantes do Instituto do Vinho do Porto e Douro (IVPD) e membros do ente de Turismo Norte de Portugal.

Continúa así a promoción da repostería tradicional de Melide nos actos do “XXV aniversario da Festa do Melindre”, #Melindre2016, que en verbas da alcaldesa Dalia García Couso, “serven para afianzar a nosa festa, e pensar nos vindeiros 25 anos, como un dos motores de atracción do turismo e da gastronomía en Melide, Cerne de Galicia”.