Congreso Galego de Neve e Montaña en Manzaneda

A Estación Invernal Oca Nova Manzaneda acollerá o Congreso Galego de Neve e Montaña que, organizado polo concello de Manzaneda, terá lugar os próximos 9 e 10 de abril co obxectivo de abordar de maneira multidisciplinar a problemática das actividades deportivas, pero tamén laborais e económicas, desenvolvidas nas zonas de montaña nas que é frecuente a presenza de neve.

Así, o Congreso Galego, a través da participación directa e o debate, pretende coordinar aqueles sectores e persoas relacionados de algunha maneira co mundo da neve e da montaña.

Na presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do noso destino. 

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a Estación de Montaña de Manzaneda é unha prioridade para Turismo de Galicia. “Apostamos por este recurso xa que creemos no seu gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación y promoción”, explicou.