Axudas para a rehabilitación de vivendas no medio rural e nos Camiños

A Xunta de Galicia destinará este ano catro millóns de euros a axudas de rehabilitación de vivendas no medio rural, en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago, segundo establece a Resolución de convocatoria que publicada no Diario Oficial de Galicia.

Dos catro millóns de euros previstos, 3,5 serán destinados a axudas para a rehabilitación de vivendas no ámbito rural. Por outra banda, Por outra parte, tamén están convocadas (DOG o 4 de abril de 2016) as axudas de rehabilitación edificatoria, por importe de 2.734.497 euros.

Outros 500.000 euros serán destinados a actuacións en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago. Estas axudas súmanse aos 3,2 millóns de euros tamén destinados este ano á rehabilitación de vivendas na ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos das catro provincias galegas. Asemade, os convenios asinados en outubro de 2015 para o financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral incluían axudas por importe de preto de 9,5 millóns de euros, que serán executadas ao longo de 2016. Cabe salientar que a meirande parte das ARI galegas corresponden con conxuntos históricos de vilas e cidades.
ulamentos respectivos, e que nos últimos anos fixéronse esforzos importantes pola súa recuperación, sendo hoxe en día produtos cun alto valor engadido pola súa calidade.