Aparcadoiros de bicis en Lugo

O Concello de Lugo instalará antes do verán preto dun cento de prazas gratuítas de aparcamento para estacionar bicicletas en varios puntos da cidade, en conxunto de 3 e 4 prazas cada dispositivo, co obxectivo de pór a disposición dos usuarios deste medio un aparcadoiro seguro para as súas bicicletas. 

rátase dun proxecto que dá resposta a dúas peticións veciñais nos Orzamentos Participativos e coa que a entidade local pretende fomentar a circulación nestes pequenos vehículos en detrimento ao automóbil, ao tempo que se incorporan a mobilidade cidadá regular.

Por outra banda, O vindeiro xoves e venres, 21 e 22 de abril, a Guardia Pretoriana de Lugo participará en Roma no Natale di Roma. Trátase dunha festa de recreación histórica da fundación desa cidade, na que tamén estará presente o Arde Lvcvs, pois esta asociación achegará a Roma folletos informativos do festexo lucense. Esta viaxe servirá ademais para establecer contactos entre ambas cidades con pasado romano.