Buscar/Hemeroteca

lunes, 25 de abril de 2016

Alcaldes do Camiño Francés na procura do destino SICTED

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse no albergue de Ribadiso, en Arzúa, cos alcaldes dos municipios polos que transcorre o Camiño Francés para presentarlles o proxecto SICTED. Durante o encontro representantes de Turismo de Galicia expuxeron os requisitos que teñen que cumprir os destinos para acadar o distintivo SICTED así como o procedemento para lograr a dita distinción.

Na actualidade Galicia conta con cinco destinos SICTED -Ferrol, Sanxenxo, Provincia Pontevedra-Rías Baixas, Baiona e Guitiriz- e, segundo aformou Nava Castro Galicia está preparada para incrementar esta cifra de distincións. Neste senso, destacou que destinos como o Camiño Francés ou a Ribeira Sacra dispoñen da gran maioría de requirimentos tramitar a solicitude como futuros destinos SICTED.

No hay comentarios: