Buscar/Hemeroteca

jueves, 24 de marzo de 2016

Terras de Pontevedra quere posicionarse no sector coa arte rupestre

A xunta directiva da Mancomunidade Terras de Pontevedra reuniuse na Casa da Luz para facer balance e decidiu afondar na aposta pola arte rupestre como elemento diferenciador e polo tanto dinamizador do turismo da comarca, e continuar así o camiño iniciado neste senso.

Para avanzar neste eido contarán coa axuda económica comprometida pola Xunta de Galiza e os distintos concellos que integran Terras de Pontevedra. A concelleira pontevedresa de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, informou ao resto da xunta directiva sobre a reunión mantida por ela co director xeral de Competitividade da Xunta quen lle garantiu que a administración autonómica renovará o convenio que mantén con Terras e que ascende a 60.000 euros.

Terras de Pontevedra centrará o traballo a prol da promoción da arte rupestre da Mancomunidade deste ano arredor da comercialización de paquetes turísticos específicos e nas novas tecnoloxías.

Terras de Pontevedra é unha mancomunidade cuxos obxectivos son pór en valor, mellorar a oferta e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos ca integran:e Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa.

No hay comentarios: