Buscar/Hemeroteca

domingo, 27 de marzo de 2016

Turismo de Galicia, de Moscova a Sao Paulo

Este mes de marzo, o turismo galego estará presente en Brasil na feira World Travel Latin America que se celebrará do 29 ao 31 de marzo en São Paulo.

Esta será a segunda vez que Turismo de Galicia participe neste certame profesional que este ano celebra a súa terceira edición, no marco do encontro anual da Asociación Brasileira de Operadoras de Turismo (BRAZTOA).

Nesta nova edición da World Travel Latin America, o departamento de Turismo da Xunta contará cun espazo propio para a promoción do turismo galego e para manter reunións cos profesionais interesados na oferta turística galega.


Por outra banda, Xunta de Galicia promoveu a oferta turística galega xeral e o Camiño de Santiago na 23 edición do certame turístico Moscow International Exhibition Travel & Tourism (MITT), celebrado estes días na capital de rusa.

Esta feira constitúe o evento sectorial de turismo máis importante dos que teñen lugar en Rusia e está aberta tanto aos profesionais como a público xeral.

Turismo de Galicia participa este ano cun módulo de promoción dentro do espazo destinado a España e que nesta ocasión está coordinado pola Oficina de Turismo de España na capital rusa.

Esta é a quinta vez que Galicia participa nesta feira, onde se están a consolidar os contactos iniciados cos operadores turísticos rusos en anteriores edicións e se abren novas canles con outros empresarios de turismo rusos e outros mercados satélites.

No hay comentarios: