Productos turísticos sustentables para Illas Atlánticas

Vigo acolleu a xornada Creación de produtos turísticos e turismo sostible no Parque Nacional Marítimo Terrestres Illas Atlánticas de Galicia que tivo lugar na cidade de Vigo. Dirixida a empresas turísticas, axencias de viaxe receptivas, xestores de turismo, grupos de acción costeira, técnicos do parque, técnicos de concellos e mancomunidades así como a persoal de equipamentos de uso público, nela deuse a coñecer o modelo de desenvolvemento turístico actual do Parque Nacional Illas Atlánticas, as súas implicacións ambientais e socioeconómicas. Así mesmo, expuxéronse as iniciativas de turismo sustentable en España e os casos de produtos turísticos de éxito tanto no Parque Nacional das Illas Atlánticas como doutros espazos protexidos.

Durante a xornada, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que 80% da superficie da nosa comunidade é verde e a rede galega de espazos naturais protexidos esténdese por preto de 400.000 hectáreas, o que representa máis do 12% da superficie total galega.Galicia acolle seis reservas da biosfera e sete parques naturais que mostran a auténtica Galicia ao natural.

Estes recursos a natureza constitúen a primeira motivación pola que os turistas visitan a nosa comunidade e as paisaxes galegas son o aspecto máis valorado polos turistas que nos visitan. Neste senso, Nava Castro destacou que o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas constitúe un gran atractivo turístico ser un dos máis singulares de España.