Buscar/Hemeroteca

martes, 22 de marzo de 2016

Ocupación próxima ao 70% na provincia de Pontevedra

Faltando as reservas de última hora, tal e como subliñou a presidenta da Deputación Carmela Silva, a ocupación hoteleira estimada na provincia de Pontevedra será de aproximadamente o 70 %. Fixo fincapé nos establecementos de turismo termal, cuxa estimación de ocupación acada o 85 %.

A institución provincial detecta un incremento, con respecto ao mesmo período de 2015, no número de turistas que visitan as oficinas de información que xestiona.

As persoas que viaxan ás Rías Baixas son principalmente de nacionalidade española, con idades comprendidas entre os 35 e os 60 anos, que se decantan por un turismo en familia, chegan á nosa provincia en coche e mostran interese nos aspectos culturais da provincia de Pontevedra. 

Para acollelos nas mellores condicións Carmela Silva informou que a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, ten xa preparadas as súas oficinas de información turística de Pontevedra (Palacete das Mendoza), do Aeroporto de Vigo e do mosteiro da Armenteira, que estarán abertas durante toda a Semana Santa en amplos horarios. Precisamente nestas oficinas, segundo manifestou a presidenta, "estamos a detectar un incremento do número de visitantes no primeiro trimestre do ano con respecto ao do ano anterior". Así, na oficina do Aeroporto de Vigo o aumento foi dun 13 %, na oficina do mosteiro da Armenteira do 8 % e no Palacete das Mendoza do 3 %

No hay comentarios: