Buscar/Hemeroteca

martes, 22 de marzo de 2016

Novo itenerario cultural por Santiago: De lugares e órganos

santiagodecompostela.gal
Este martes 22, dentro das actividades da Semana Santa, a Concellaría de Acción Cultural de Santiago organiza una xornada un itinerario por diversos órganos da cidade: De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela.

A saída será ás 16:30 horas da igrexa da Universidade ou da Compañía (foto) e, ademais do órgano desta igrexa, tamén se visitarán os de San Francisco e das Ánimas. A actividade repetirase o sábado 26 a partir das 11:00 horas e o grupo será dun máximo de 50 persoas.

As entradas para a actividade son de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas. De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma dende 1 hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade e a partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Durante o percorrido poderanse ver moi de preto estes instrumentos e aprender cousas sobre os seus construtores, estilos e a época na que foron construídos pero, sobre todo, poderase escoitar tamén o seu son e entender así mellor a maxia e segredos destes poderosos instrumentos.

No hay comentarios: