Buscar/Hemeroteca

lunes, 28 de marzo de 2016

Nava Castro váisenos a Paraguai

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inicia unha viaxe institucional a Paraguai. Durante a súa visita ao país sudamericano realizará dúas presentacións aos principais turoperadores turísticos do país do Camiño de Santiago na capital de Paraguai, Asunción, e na cidade de Ciudad del Este que contarán coa participación da Ministra de Turismo da República de Paraguai, Marcela Bacigalupo.

A responsable de Turismo da Xunta explicará as numerosas iniciativas que leva a cabo o Goberno galego a prol do desenvolvemento e promoción do Camiño de Santiago como produto turístico e as distintas opcións que contan os peregrinos para organizar a súa viaxe. Nava Castro expoñerá, así mesmo, a oferta e servizos complementarios á ruta xacobea que ofrece Galicia como destino.

A visita ten lugar no marco do convenio de colaboración asinado por ambas rexións no ano 2015 para poñer en marcha iniciativas conxuntas de promoción turística e para o achegamento das rutas turísticas, tanto a Ruta Jesuítica de Paraguai como o Camiño de Santiago. O documento foi suscrito pola ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo, e a directora de turismo de Galicia durante a Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, en presenza da máxima autoridade do turismo mundia, Talef Rifai, o secretario xeral da Organización Mundial de Turismo (OMT). 



No hay comentarios: