Buscar/Hemeroteca

martes, 29 de marzo de 2016

Marriot pesca alumnos para prácticas no CSHG

A cadea hoteleira Marriot estivo n Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) para buscar alumnos que realicen as súas prácticas nos hoteis estadounidenses desta empresa. O CSHG foi a única escola de todo o país escollida para captar talento por esta empresa líder no sector con máis de 4.100 propiedades e 19 marcas de hoteis e asociada a outros máis de 4.100 hoteis franquiciados e xestionados en todo o mundo.

Jessica Rey Dubra, primeira pola esquerda
Así, a responsable do Programa Internacional de prácticas das dezanove marcas de Marriott en Estados Unidos, Jessica Rey Dubra, trasladouse desde a súa central en Texas ata Santiago de Compostela para explicar aos alumnos do CSHG a filosofía da empresa e para captar novo talento para os hoteis estadounidenses da empresa.

Jessica Rey Dubra afirmou “estar impresionada polo nivel de inglés e profesionalidade dos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia”. A responsable do Programa Internacional de prácticas de Marriott EEUU sinalou ademais que a maioría dos alumnos teñen algunha experiencia profesional que é difícil de atopar. “Eu viaxo por todo o mundo e é moi difícil atopar rapaces e rapazas tan preparados, polo que temos claro que temos que regresar a este Centro en próximos anos”, engadiu.

Marriott EEUU ofreceu prácticas de 3 meses nos departamentos de Alimentos e Bebidas, Aloxamento e Recepción para os alumnos de 1º e 2º de Diploma Superior de Xestión Hoteleira, e de 12 meses en dirección para os alumnos de último ano. 

No hay comentarios: