Buscar/Hemeroteca

miércoles, 23 de marzo de 2016

3.100 atletas congregaránse en Pontevedra no Campionato de España de Orientación Deportiva

pontevedra.gal
Pontevedra acolle, do 24 ao 27 de marzo, o Campionato de España de Orientación Deportiva que desenvolverá as probas en tres escenarios: Pontevedra, Pazos de Borbén e O Grove.

O evento está organizado polo Club de Montañeiros de Pontevedra A Roelo, xunto coas federacións Galega e Española de Orientación Deportiva e a Concellería de Deportes e reunirá nestes días a arredor de 3.100 atletas nas cinco probas do evento. En cada unha delas están inscritos unha media 1.300 deportistas. O presidente de A Roelo quere pór en valor a alta participación pero tamén o traballo dos voluntarios que farán posíbel que todo se desenvolve co plan previsto, “precísanse unhas 120 persoas cada día na organización” subliñou Manuel Beloso.

O Campionato de Orientación contará con todo tipo de deportistas, dende nenos até maiores de 65 anos e na proba O-Precisión competirán en igualdade de condicións atletas con discapacidade e non. Hai até 37 categorías. As distancias e percorridos varían en función da proba, hai nas que hai que correr dende 1 e 1,5 quilómetros (para os máis pequenos) até 10,5 quilómetros.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o presidente do Club de Montañeiros A Roelo destacaron no soamente a importancia deportiva do evento se non tamén a inxección económica que supón para a cidade a presenza dos deportistas, os máis chegados de fóra, e a proxección que lle da.

No hay comentarios: