Xaneiro de record en materia turística

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de xaneiro Galicia rexistrou un crecemento no volume de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros galegos do 9,5% ata situarse nos 147.055. A nosa comunidade incrementou tamén as pernoitas rexistradas no primeiro mes do ano nun 6,5% neste caso ata acadar máis de 260.000 neste período.

O turismo interno –aquel representado polos residentes en Galicia- superou nun 1,3% as súas pernoitas e nun 4.0% a súa cifra de viaxeiros aloxados.

Pola súa parte, o turismo nacional –aquel conformado polo españois procedentes doutras comunidades autónomas- incrementou no pasado mes de xaneiro a súa cifra de viaxeiros nun 18,6% e as súas pernoitas nun 13,0% acadando os niveis de demanda máis altos dos últimos seis anos.

En canto ao turismo internacional, a nosa comunidade incrementou neste primeiro mes do ano nun 1,9% os seus viaxeiros e nun 3,4% as súas pernoitas. 

A nivel territorial obsérvase tamén un comportamento positivo da demanda hoteleira en todas as provincias galegas. En A Coruña e Pontevedra subiu a demanda en torno ao 5% -un 5,6% na primeira e un 4,9% na segunda- mentres que en Lugo e Ourense a demanda subiu un 9,4% e un 12,3% respectivamente.