Buscar/Hemeroteca

viernes, 26 de febrero de 2016

Turismo de Galicia destina 1,5 millóns de euros á sinalización dos recursos turísticos do medio rural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou unha nova liña de subvencións por un importe de preto de 1,5 millóns de euros para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do medio rural galego.

Segundo explicou Nava Castro, a través destas axudas dotarase ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para que sexa un recurso turístico accesible para todos. 

Esta nova liña de axudas impulsará a mellora da accesibilidade física e a sinalización de recursos turísticos do medio rural coma os espazos naturais, miradoiros e rotas de sendeirismo, praias marítimas e fluviais e Bens de Interese Cultural.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que no pasado ano, un total de 103 municipios de toda Galicia beneficiáronse desta liña de subvencións o que permitiu mellorar a accesibilidade e sinalización de recursos turísticos tan importantes como o miradoiro do Cortelliño, en Baiona, a ruta dos Muíños do Folón e do Picón do Rosal, as marxes da ribeira alta do Miño, en Lugo, ou as praias do Terrón e As Patiñas, en Vilanova de Arousa, entre outros.


No hay comentarios: