Buscar/Hemeroteca

lunes, 29 de febrero de 2016

Sabores da Lampreia en Valença do Minho

Todo a punto para a 7ª edición do Festival Gastronómico “Sabores da Lampreia”en São Pedro da Torre (Valença do Minho), que se celebrará o fin de semana de 11 a 13 de marzo. A lamprea do río Miño, considerada a mellor do mundo, poderá ser desgustada neste festival a 10 euros a ración.

Pescada como séculos atrás sobretodo polos pescadores de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo, nas redadas, no rio Miño, é nesta época ´que alcanza a plenitude de sabores á mesa.

As lampreias mantense en tanques da Associação Sabores do Rio Minho, para ser cociñadas neste festival. A técnica de “apurar” a lamprea en tanques de auga corrente e coñecida por “bater a lampreia” para que as súas carnes adquiran maior tersura.

Os segredos da arte e da tradición de preparar a lamprea son seculares en Valença e en todo o Val do Miño tanto na parte galega como na portuguesa.

Lamprea á Bordalesa, Arroz de Lamprea, Afumada/grellada, Asada no forno, Rechea ou o prato dos cinco sabores, son as preparacións que se poderán degustar no festival "Sabores da Lampreia" e como prato alternativo os tradicionais "Rojões", acompañados do caldo verde e dos viños verdes da zona, ademais das sobremesas típicas.

Sabores da Lampreia é unha singular festa gastronómica valenciana que, este ano, ademais de poder saborear as cinco formas tradicionais de preparar a lampreia em Valença, vai presentar unha área exclusiva destinada á degustación de novas formas de elaborar este produto. Esta área estará a cargo do curso de hostaleria da escola profesional EPRAMI. 

Por outra banda, unha área dedicada a repostería rexional, aos vinños e licores e á exposición de institucións locais e rexionais completará o certame. A iniciativa está promovida pola Cámara de Valença, a Junta de São Pedro da Torre e da Associação Sabores do Rio Minho e da Comissão de Festas de São Pedro da Torre.

No hay comentarios: