Tapas en Lugo inspiradas na XVI Mostra de Teatro Clásico

O Mercado Municipal de Lugo acolleu a presentación da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, que presentou as tapas inspiradas na XVI Mostra de Teatro Clásico, xunto cos representantes dos restaurantes que participarán nesta iniciativa organizada polo Concello de Lugo. .

Basadre destacou o doble sentido da mostra de teatro, por un lado cultural e por outro gastronómico e turístico. “Misturamos a cultura coa gastronomía, dous dos nosos grandes patrimonios, co claro obxetivo de darlle un impulso ao turismo da cidade”, asegurou a edil, quen convidou a probar as 9 tapas diferentes que se poderán degustar en 9 restaurantes da cidade entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros.


Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Manuel Manuel, Paprica e Mangiarte que ofrecerán as tapas inspiradas nas representacións das 9 representacións da XVI Mostra de Teatro Clásico, El Eunuco, El Retablo de las Maravillas, La Hermosa Jarifa, Medea, Sanchica, Princesa de Barataria, Hamlet, Teresa o el sol por dentro, Quixote e Royal Flush. As tapas levan por nome Agasallo en Atenas, O ovo que non o é, Cunca de grelos con marisco, Morzoas de polo, Paté de lamprea con mazás e tostas de noz, Ser ou non ser, Os soños, soños son; Potaxe de vixilia e o Violín de teresa, respectivamente.