Presentación da XXI edición da Festa da Arribada de Baiona

O acto de presentación XXI edición da Festa da Arribada de Baiona, recentemente declarada de interese turístico internacional, que se celebrará entre o 4 e 6 de marzo de 2016, celebróuse na Diputación de Pontevedra, coa presencia da presidenta, Carmela Silva, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal.

Os asistentes viron en primicia o vídeo de presentación do Real Mercado Medieval da Arribada deste ano, e unha pequena representación escénica da man de Bruxo Queiman e Andrea Pousa na entrada do Pazo provincial. Rematou coa degustación de doces típicos da Arribada, entre os que se atopaban ñoclos de Pinzón, rosquillas ou tortas de Sarmiento.

Silva declarou sentirse moi orgullosa de que, "neste ano tan especial, por ser o primeiro no que a Festa da Arribada se celebra tras a súa declaración como festa de interese turístico internacional, Baiona escollese a Deputación de Pontevedra, casa de todos os concellos da provincia, como o escenario para a presentación da súa festa máis emblemática, como noutras edicións fixera noutras cidades de Galicia, de Portugal ou Castela e León".

Pola súa banda, o alcalde de Baiona destacou que este ano, como novidade, a Festa da Arribada de Baiona se desenvolverá durante tres días: 4, 5 e 6 de marzo. Ademais, Ángel Rodal deu a coñecer a historia da Arribada da carabela Pinta a Baiona, que converteu a vila na primeira localidade do vello continente en recibir as novas do descubrimento de América.