Março com sabores do mar en Esposende

“Esposende quer afirmar-se no território nivelando-se por cima”, afirmou o Presidente da Cámara Municipal, Benjamim Pereira, na presentación da XVII edición de Março com Sabores do Mar.

Tomando como exemplo o produto estratéxico gastronomia/viños, Benjamim Pereira defendeu que a calidade é o camiño para para a consolidación dos restaurantes desta localidade costeira portuguesa, situada ao sur de Viana do Castelo.

Sobre Março com Sabores do Mar, evento que integra a programación do Minho Região Europeia da Gastronomia 2016, o Presidente da Cámara Municipal salientou que se trata dunha aposta gañadora marcada por unha “inovação permanente, de modo a manter-se atrativa", dixo.

Os obxectivos desta iniciativa pasan por promocionar a gastronomía local, especialmente no referido aos produtos do mar (peixes e mariscos) e combatir a estacionalizade.

A presentación do evento estivo a cargo concejal (vereador) de turismo, Rui Pereira, que lembrou que nesta edición son 28 os restaurantes que participan no Março com Sabores do Mar, 14 dos cales participan no Concurso Gastronómico. Ademais, tamén colaboran 8 pastelerías, as 5 quintas produtoras de viño do municipio e as unidades hoteleiras, que ofrecen descontos na estadía.

Entre as actividades do Março com Sabores do Mar encádrase o Fim de Semana Gastronómico de Esposende, promovido pola Entidade Regional TPNP, os días 4 a 6 de marzo. Os 31 restaurantes participantes convidan aos visitantes a saborear unha cociña sabrosa e xenuína, composta por Lamprea do Rio Cávado, viños verdes do concelho e Clarinhas de Fão. Bom apetit.