Intensa actividade feiral de Turismo de Galicia

O labor de promoción de Turismo de Galicia céntrase esta fin de semana en dous certames de carácter xeralista que se desenvolven en Pamplona e a cidade danesa de Herning. Ademais, entre os días 4 e 6 de marzo, este departamento da Xunta participará no certame Sevatur, en San Sebastián.

Desde o pasado venres Turismo de Galicia promove o destino en Navartur, un certame turístico que se desenvolve ata hoxe na capital navarra dedicado tanto a profesionais como ao público xeral. Participa cun stand de 36 metros cadrados que difunde a oferta turística galega e o Camiño de Santiago, un dos produtos máis demandados nesta feira o ser esta unha comunidade de paso da Ruta xacobea.

Por outra parte, dende o pasado venres ata hoxe, Turismo de Galicia está presente, por primeira vez, no evento Ferie for Alle, o certame turístico con maior repercusión de Dinamarca. Esta é a súa XVIIII edición e está dedicada ao sector turístico xeral.

Así mesmo, a Comunidade galega volverá estar presente no Salón da Evasión e do Turismo, Sevatur, unha feira que este ano celebra a súa XIV edición, dedicada a profesionais e público final.

Sevatur é, xunto a Expovacaciones de Bilbao, o certame turístico máis importante dos que se celebran anualmente no País Vasco e nesta ocasión, Turismo de Galicia participará tamén cun stand de deseño de 36 metros cadrados