Buscar/Hemeroteca

lunes, 29 de febrero de 2016

Entre hoxe e o vindeiro xoves pódese votar pola imaxe do MMXVI @ardelucus


Dende hoxe e ata o vindeiro xoves, 3 de marzo ás 18:00 horas, o Concello celebrará unha votación popular a través da páxina oficial destas festas na rede social Facebook (www.facebook.com/ardelucuslugo/) da que sairán os 3 deseños finalistas, de un total de 53 carteis optan a ser a imaxe do MMXVI Arde Lvcvs, unha vintena más que o pasado ano.

Posteriormente, un xurado profesional encargarse de escoller o cartel anunciador gañador, que recibirá un premio de 1.000 euros.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou a toda a cidadanía a partipar na elección do cartel e a ser cómplice da imaxe desta festa de ambientación histórica, que o pasado ano deixou uns 6 millóns de euros na cidade, e que por primeiro ano durará catro días.

Para participar nesta elección soamente é preciso premer o botón de Gústame que aparece na imaxe do cartel, que levarán escrito o seu lema pero non a autoría da obra para non romper a imparcialidade dos cidadáns nin alterar a decisión na votación final. Unha vez finalizado o prazo de votación, serán contabilizados os tres deseños que teñan máisGústame, que serán os finalistas para a selección final. Todos os interesados en coñecer os deseños presentados, pode acudir á Casa da Xuventude, onde están expostos.

Para máis información sobre o MMXVI Arde Lvcvs, pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais Facebook, Twitter, Instagram e Youtube.

No hay comentarios: