Buscar/Hemeroteca

miércoles, 24 de febrero de 2016

Corenta e oito millóns para os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e os presidentes dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro ou GALPs (coñecidos no período 2007-2013 como Grupos de Acción Costeira ou GAC) asinaron en Santiago os convenios de colaboración para o desenvolvemento das súas estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. O investimento total para a execución dos convenios é de máis de 48 millóns de euros.

Deste xeito, ao GALP da zona da Mariña Ortegal correspóndenlle máis de 7,6 millóns de euros para a execución de proxectos, ao do Golfo Ártabro Norte máis de 6,1 e ao da Costa da Morte máis de 7,3 millóns de euros.

No caso do grupo da Ría de Muros-Noia, disporá dun importe superior aos 9,4 millóns, o da Ría de Arousa de máis de 7,4 millóns, o da Ría de Pontevedra de preto de 5,8 e o da Ría de Vigo-A Guarda contará con 5 millóns para a posta en marcha das súas iniciativas.

Estas axudas terán unha repercusión positiva no fomento do desenvolvemento local participativo nas áreas costeiras, o que redundará en beneficios para o tecido socio-economico destas áreas.

No hay comentarios: