Veda para a nécora e o santiaguiño

Santiaguiño
A Consellería do Mar pecha a campaña de captura da nécora e do santiaguiño a partir do 6 de xaneiro. O calendario aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a actividade de extracción da nécora estará pechada ata o día 1 de xullo e a do santiaguiño ata o 1 de outubro, datas nas que empezará a súa campaña extractiva. 

O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións destas especies na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende o 1 de xullo de 2015, día dende o que estivo autorizada a extracción da nécora, vendéronse nas lonxas galegas máis de 105 toneladas desta especie por un importe total de arredor de 1,7 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e nesta etapa vendéronse en lonxa arredor de 540 quilos desta especie por valor superior aos 36.000 euros.