Buscar/Hemeroteca

jueves, 28 de enero de 2016

Ribeira Sacra, xeodestino puxante

O pasado ano 2015 o xeodestino Ribeira Sacra rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros, do 12,51% en relación ao ano 2014, situándose en  173.302 e a contorna dos embarcadoiros dos catamaráns que navegan polos Canóns do río Sil constitúe un recurso turístico de gran reclamo.

Así o puxo de manifesto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castr que, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou o embarcadoiro de Santo Estevo de Rivas de Sil para inaugurar o novo espazo público resultado da rehabilitación e mellora do entorno do Edificio de Recepción e a estrada de acceso deste recurso turístico situado no corazón da Ribeira Sacra.

En declaracións aos medios, a responsable de Turismo da Xunta explicou que o obxectivo da intervención, que levou consigo un investimento de 192.000 euros, foi mellorar estas instalacións de atención aos visitantes, facéndoas máis confortables, e mellorar a accesibilidade e imaxe da contorna, feito necesario debido a gran afluencia de visitantes.

No hay comentarios: