Ribeira Sacra: vida máis aló da mencía

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra revisará algúns aspectos do seu regulamento e será, segundo está a trascender, o último fin de semana de xaneiro no balneario de Augas Santas (Pantón), encontró no que se avaliaría a aplicación de cambios no proceso de certificación e etiquetaxe dos viños. 

Entre as novidades a tratar estaría a posibilidade de poder citar na etiquetaxe outras variedades tintas preferentes distintas da mencía, aínda que ao respeito o presidente deste órgano reitor, José Manuel Rodríguez, salienta que “a Lei é a que é e non a que nos gustaría que fose”.

Así, cabería a posibilidade de situar algunhas variedades minoritarias en pé de igualdade coa mencía e permitir que se citen tamén na etiqueta castes como brancellao e merenzao, pero con máis reticencias para sousón e caíño. 

Dende a oficialidade sostense que no caso das dúas últimas castes citadas sería unha cuestión máis complexa por tratarse de cepas cuxo cultivo non está acreditado na zona ata datas relativamente recentes. 

En definitiva, mentras que o presidente do Consello Regulador mantén que é necesario preservar unha identidade, por enriba de “modas puntuais”, dende algunhas adegas defenden a necesidade dun marco máis flexible que lles permita diferenciarse con viños.

O actual regulamento só permite facer referencia á variedade nas etiquetas dos viños cualificados como Súmmum, que deben levar como mínimo un 60% da variedade mencía.