Puntos de interese turístico con deficiente conexión a internet

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, está a elaborar un informe sobre os puntos de interese turístico que teñen unha deficiente conexión a internet, co obxectivo de poder mellorala. 

Desde o Clúster do Turismo de Galicia se está a colaborar nesta iniciativa, coa axuda dos asociados, para que estes fagan chegar unha relación de puntos nos que se detectan problemas na velocidade de acceso a internet, indicando como afecta (se se trata de un aloxamento, dun restaurante ou dun recurso de interese turístico) e no punto exacto no que se atopa a través de un táboa na que se indica a zona, seguindo o nomenclator facilitado por Amtega. 

Para máis información poden achegar correo a administracion@clusterturismogalicia.com.

Ademais, se solicita que identifiquen o soporte a través do cal se detecta a existencia da deficiente conexión: telefonía móbil (3G y 4G), ADSL ou cable. 

fonte: http://clusterturismogalicia.com/