O Museo de Historia Natural Luis Iglesias como un referente de Santiago de Compostela

santiagodecompostela.org
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, achegáronse ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias. 

Foi unha visita que quedara comprometida dende a xuntanza que o rexedor mantivo, no Pazo de Raxoi, coa directora do centro. Da man da directora do Museo, Mabel Fraga, o alcalde e Xan Duro coñeceron polo miúdo o Museo, que ocupa un edificio construído para ese fin na Finca de Vista Alegre

Martiño Noriega sinalou que "o Museo de Historia Natural é unha das referencias de Compostela, e por iso é preciso darlle unha maior visibilidade". Por iso, o alcalde comprometeuse coa directora do centro a buscar vías de colaboración, que poderían implicar tamén ás asociacións veciñais e aos colexios da cidade. A maiores, Martiño Noriega quixo animar á cidadanía a coñecer o museo.